O Cloud Computing, a debate no Faladoiro Dixital do mes de xuño

A campaña “1 mes, 1 profesión dixital” arrincou a súa segunda edición o mes pasado en Ourense, abordando as oportunidades profesionais e boas prácticas ao redor do Big Data. Este mes de xuño temos unha nova edición destes faladoiros dixitais que se centra na computación na nube, nunha xornada que se celebra na Facultade de Informática da UDC (Campus de Elviña, A Coruña) o martes 7 de xuño de 11:15h. a 14.00h.

falacoiro2

Os relatores desta xornada serán Guillermo López Taboada, Profesor contratado Doutor da Facultade de Informática da UDC; Carlos López Blanco, Xerente de Tecnoloxía e SAU; e Cristina Bernárdez Aradas, Responsable de Sistemas Contornos Colaborativos en Hijos de Rivera Informáticos e Telecomunicacións en Auto Radio.

Programa da xornada

  • 11:15 Recepción de asistentes
  • 11:30 Benvida Institucional: Fernando Suárez, Presidente do CPEIG / Luis Hervella, Decano da FIC – UDC
  • 11:45 Oferta formativa en Cloud Computing: Guillermo López Taboada, UDC
  • 12:30 Descanso
  • 12:45 Boas Prácticas de solucións Cloud: Hijos de Rivera – Carlos López Blanco, Auto Radio – Cristina Bernárdez Aradas
  • 13:45 Debate
  • 14:00 Peche da xornada

 

A campaña “1 mes, 1 profesión dixital” arrincou a súa segunda edición o mes pasado en Ourense, abordando as oportunidades profesionais e boas prácticas ao redor do Big Data. O obxectivo xeral é crear conciencia da necesidade que teñen os cidadáns de mellorar o seu dominio da tecnoloxía da información e a comunicación cara ao emprego. A iniciativa é froito do acordo de colaboración asinado no presente ano entre o CPEIG e a Amtega.

Quero ir!

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse de balde no enderezo eventos@cpeig.org e a través da web http://profesionsdixitais.org/, onde tamén está a información do programa e dos relatores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.