Como liberar espazo en WhatsApp

Vivimos nun mundo no que estamos sempre conectados, acotío envíannos mensaxes, fotos, vídeos… e iso provoca que teñamos unha saturación de información… e de espazo. A  quen non lle ocorreu que o WhatsApp quéixase de que non ten suficiente espazo para executarse? Hoxe ensinámosche como solucionar este problema de maneira moi sinxela.

Whatsapp introduciu versións atrás a opción de saber que conversacións ou que chats de grupos están a ocupar máis espazo, engadindo a posibilidade de borrar todo dunha maneira sinxela. Os pasos para facelo en Android son os seguintes:

  •  Vai á pantalla principal e pulsa sobre os tres botóns arriba á dereita e logo a axustes.
  • Na seguinte pantalla dálle a Datos e almacenamento e, a continuación, pulsa sobre Uso de almacenamento.
  • Dentro desta nova xanela verás unha lista cos teus chats e o que están a ocupar. Se pulsas sobre unha conversación ou grupo, accederás a unha desagregación de todos os datos desa conversación.
  • Se pulsas sobre Administrar mensaxes abaixo á dereita, poderás seleccionar que queres eliminar por categorías.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.