Como reinstalar Windows 10 sen perder os nosos arquivos

Moitas veces pode ser necesario reinstalar Windows (por exemplo, cando está danado) pero sen perder os nosos datos. Hai xente que nin sequera sabe que é posible. Pero pódese reinstalar Windows mantendo todos os arquivos que nos interese.

Como facelo? Pois unha das cousas máis interesantes é que Windows 10 non necesita de ningunha partición de recuperación nin de ningún CD nin USB coa imaxe ISO de Windows para poder formatear ou restablecer de fábrica no caso de que xurdan problemas.

Debemos ter en conta que os programas si que se perderán, pero non os arquivos persoais. Se isto non é un impedimento, estes son os pasos (en caso contrario, para manter os programas e os arquivos teriamos que recorrer a restablecer a un punto anterior):

  1. Entrar a Configuración. Para iso podemos facelo desde o menú de Windows ou Cortana ou desde a combinación de teclas Windows + “i”.
  2. Unha vez dentro, temos que dirixirnos ao apartado de Actualización e seguridade.
  3. No menú esquerdo, atoparemos unha lista. O elemento que nos interesa é Recuperación.
  4. Na parte dereita, atoparemos un botón que reza Comezar, está situado baixo o subtítulo Restablecer este PC.
  5. Abrirase unha xanela emerxente e logo teremos que pulsar sobre Manter os meus arquivos.

Este é un método para poder limpar a unidade de calquera erro. Tampouco teremos problemas de drivers (pois ese tema xestiónao o propio Windows), así que é o método perfecto para ter unha instalación limpa de Windows 10 sen necesidade de estar formateando o disco duro.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.