Tres programas gratuítos para editar vídeo en Windows

O vídeo é parte das nosas vidas: atopámolo na televisión, nas redes sociais e, en moitas ocasións, en metade da rúa. Aínda que hai profesionais que se dedican á produción e realización de vídeo, en ocasións atopámonos con que queremos realizar nós uns mesmos para unha ocasión especial, co que temos que pelexarnos con este tipo de programas.

Cando nos atopamos nesta situación, na maioría de ocasións optamos polo Windows Movie Maker, o programa gratuíto que trae o sistema operativo pero, sendo sinceros, este programa deixa bastante que desexar en canto a opcións e personalización. Hoxe presentámosvos tres programas gratuítos de edición de vídeo que poden axudarnos a facer unha peza curiosa e de calidade máis que aceptable.

Filmora

Filmora é un dos programas de corte gratuíto máis potentes que hai para Windows. Cunha interface intuitiva, permítenos realizar transicións, introducir efectos e texto de maneira moi sinxela. E cando dicimos que é fácil, é que o é, xa que a súa maneira de edición baséase en arrastrar e soltar elementos onde queiramos.

VideoToolBox

Non todo son programas na edición de vídeo. VideoToolBox é unha aplicación web que permite editar vídeos de maneira online de ata 600 megas. Permite engadir subtítulos, fusionar vídeos e introducir textos para que o noso vídeo quede da mellor maneira posible.

ZS4 Vídeo Editor

Con este complicado nome, este programa está máis orientado a xente que xa sabe algo de edición de vídeos. Permite fusionar vídeos, controlar todas as súas características e engadir transicións e efectos. A interface é algo basta, pero compénsao coa potencia e flexibilidade que ofrece.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.