Tecnoloxía do futuro presente: Amazon Go e as tendas sen caixas rexistradoras

amazon-go

Se dicimos que Amazon é unha das empresas que máis avances tecnolóxicos está a lanzar nos últimos anos, non estariamos a mentir. E é que o xigante das compras leva anos realizando investigacións para mellorar a nosa vida a base da tecnoloxía. A súa última aposta: tendas sen necesidade de caixas rexistradoras.

Amazon Go, así se chama o seu proxecto de tenda, é un tipo de establecemento que dirá adeus ás caixas rexistradoras e, con elas, ás colas que temos que facer. O seu funcionamento é tan sinxelo que parece irreal: entramos na tenda rexistrando o noso teléfono móbil, collemos o que queiramos e saímos. Tan simple? Si, xa que ao saír comprobaremos como no noso teléfono están os produtos que collemos e que se nos cobraron automaticamente. Parece de ciencia ficción, pero así o mostran no seu vídeo promocional

Como funciona este novo concepto de tenda? Segundo Amazon esta tenda está baseada en sistemas de visión artificial, sensores e aprendizaxe automático que se combinan co teu teléfono móbil. Por suposto, grandes algoritmos de programación e intelixencia artificial están detrás, pero Amazon non contou máis aló.

Aínda que poida parecer que este tipo de tendas están lonxe de existir, Amazon xa a está probando cos seus empregados nas súas instalacións de Seattle, e xa prometeu abrir unha para todo o público a comezos de 2017. Terá éxito este tipo de tenda? Apostamos a que si, pero para que chegue a España, e a Galicia, aínda quedan uns cuantos anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.