Tag Archives: Amtega
axendadixital

Publícase o texto definitivo da Axenda Dixital de Galicia 2020

,

A semana pasada anunciábase a publicación do texto definitivo da Axenda Dixital de Galicia 2020. A Axenda debe impulsar a modernización tecnolóxica de Galicia. O obxectivo é que ningún galego quede excluído do progreso tecnolóxico. A presentación da Axenda Dixital 2020 daba comezo á Semana Dixital durante a cal a Axencia para a Modernización Tecnolóxica […]

consulta100Mpbs

A Xunta abre unha consulta pública para identificar núcleos e polígonos sen cobertura

,

A Amtega vén de abrir un proceso de consulta pública dirixido a operadores de telecomunicacións e outros axentes interesados para actualizar a información de cobertura e as previsións de despregamento de redes de 100 Mbps nos núcleos e polígonos industriais galegos. A consulta forma parte das accións previas que marcarán as actuacións que a Xunta […]

eidolocal.gal

A web do mes: eidolocal.gal

,

A finais de xuño contabámosvos que a Amtega, en colaboración coa Dirección Xeral de Administracion Local, actualizaron o portal Eidolocal que mellorou e incrementou os servizos para as entidades locais e os usuarios. Hoxe facemos un percorrido polos servizos que nos ofrece. Acompañádesnos? Ademais das novas e dos eventos que se publican na portada, o […]

contidosdixitais_CDTIC

1 mes, 1 profesión dixital: os contidos dixitais

, ,

Xa vos falamos do programa “1 mes, 1 profesión dixital”, campaña de divulgación e difusión dos novos perfís profesionais da era dixital organizada pola Amtega e o CPEIG. Arrancaba en abril nunha xornada sobre marketing dixital. A segunda cita é hoxe e leva por título: “Faite profesional dixital dos… CONTIDOS DIXITAIS”. Botádelle un ollo aos […]

Voluntariado Dixital

“Estar en contacto con voluntarios que queren compartir os seus coñecementos e o seu tempo é moi enriquecedor para a entidade”

,

Hoxe quixemos facer unha entrevista diferente e achegarnos á Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos para falar con Charo, a súa coordinadora. A asociación é colaboradora do Programa de Voluntariado Dixital. Fálanos da asociación. Como xorde? Con que colectivos traballades e que servizos ofrecedes? A colaboración con Voluntariado Dixital faise a través das dúas entidades […]

SafeSkipper

Solucións para as pemes do sector marítimo

,

O mércores presentábase no CDTIC o BAT (Best Available Technologies), un catálogo de solucións tecnolóxicas para as pemes do sector marítimo do Espazo Atlántico europeo. A elaboración deste inventario é unha das medidas previstas no proxecto europeo STAMAR que busca mellorar a competitividade e a capacidade de innovación das pemes do sector marítimo. STAMAR está […]

1mes_1profesiondixital

Arranca “1 mes, 1 profesión dixital”

,

A semana pasada botaba a andar a campaña “1 mes, 1 profesión dixital”: campaña de divulgación e difusión dos novos perfís profesionais da era dixital, organizada pola Amtega e o CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia). A campaña desenvolverase durante 6 xornadas ata outubro e o obxectivo é crear conciencia da necesidade […]

libraria.xunta.gal

Ponse en marcha libraria.xunta.gal

,

A Xunta e a Amtega veñen de presentar a Libraría Institucional de Galicia, unha plataforma na que a Administración concentra todo o seu fondo editorial e o pon a disposición de cidadáns e librarías. libraria.xunta.gal é a primeira canle de comercio online da Administración e forma parte da estratexia da Xunta para a dixitalización, catalogación, […]

Cousasdeantes_IESPerdouroBurela

Os gañadores do Concurso de curtas co móbil da Axenda Dixital xa teñen o seu premio

, ,

A semana pasada entregábanse o primeiro e o segundo premio aos gañadores do concurso ‘Curtas co móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’ aos alumnos do IES Perdouro de Burela e do IES Cacheiras do Concello de Teo, respectivamente. Os premios foron unha tablet e un teclado para cada un dos tres alumnos responsables do […]

“Poderiamos reinventar o xeito de contar contos e integralo coas novas tecnoloxías da información e a comunicación?”

, ,

A primeira posición en Startup Pirates Vigo no 2013, o premio Eganet como mellor proxecto emprendedor TIC en Galicia no 2014, finalistas no Spain Startup e gañadores do premio á mellor app educativa de España en SIMO Educación, en outubro do ano pasado… Estes son só algúns dos recoñecementos que acadou CreAPPcuentos, outro dos proxectos […]