Tag Archives: Xunta
Amtega_web

A web do mes: amtega.xunta.es

,

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de actualizar a súa web amtega.xunta.es. O novo portal é máis accesible e conta con novos contidos e funcionalidades. Contidos Podedes acceder aos contidos da Amtega por temas e colectivos. Diferéncianse 9 temas distintos: Administracións Públicas, Ensino e formación, Economía, Empresa e emprego, Sanidade e […]

fototablet

Contidos dixitais para máis de 20.000 alumnos

,

No próximo curso 2014/2015 a Xunta porá en marcha unha plataforma de contidos curriculares dixitais completos, gratuítos para as familias e accesibles sen necesidade de conexión á rede. O obxectivo é alcanzar en 3 anos a 22.500 alumnos de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO. Os alumnos poderán acceder […]

sede_electronica_xunta

O Plan de Modernización 2014-2016

, ,

Comezabamos a semana facendo balance do traballo feito en eAdministración dende o 2010 ata o 2013. Pero quedan retos pendentes que están contidos no Plan de Modernización 2014-2016 da Xunta. Rexistro Único A implantación do sistema de rexistro único e a dotación de medios para as funcións de dixitalización e compulsa electrónica nas 500 oficinas […]

eservizos_Xunta

eAdministración, do 2010 ao 2013

,

Esta semana falarémosvos do Plan de Modernización 2014-2016 da Xunta, dos retos pendentes da eAdministración. Antes convén facer balance do traballo feito dende o ano 2010. O Plan de Modernización 2010-2013 buscaba mellorar os servizos públicos, garantir a relación telemática de cidadáns e empresas coa Administración, e facilitar aos empregados públicos os medios necesarios para […]

cemitverin

“A incorporación das TIC ao modelo de negocio das microempresas é chave para mellorar a súa produtividade e competitividade”

, ,

Empezamos a semana contándovos que a Xunta acaba de abrir a terceira convocatoria de axudas para contratar Internet de banda larga vía satélite, e falándovos das subvencións para proxectos dinamizadores de áreas rurais que se apoien nas TIC. Falamos con Belén Ferreiro, da Área de Sociedade Dixital da Amtega, para que nos aclare algunhas dúbidas […]

fotousb

As TIC como requisito fundamental

,

A Consellería do Medio Rural e do Mar, en colaboración co Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, vai destinar máis de 400.000 € a proxectos dinamizadores de áreas rurais promovidos por microempresas, para o uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC). O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar a convocatoria destas […]

autronic

Pensache en conectarte á rede vía satélite?

,

A Xunta acaba de abrir a terceira convocatoria de axudas para contratar internet de banda larga vía satélite nas zonas máis illadas de Galicia. Esta medida, que complementa ás convocatorias de 2012 e 2013 das que se beneficiaron máis de 1.400 usuarios, é unha actuación do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia, que […]

A web do mes: Turgalicia

,

Para informarse sobre o Entroido e outras festas, sobre calquera dos elementos da lista de recursos naturais e patrimoniais, para buscar experiencias ou preparar unha viaxe, cómpre visitar turgalicia.es. Contén máis información da que podemos resumir nun post pero faremos unha ruta por algunhas das seccións máis importantes da web. Galicia Dentro da web de Turgalicia […]

RetegalSantiago

Videoguard: videovixilancia contra o furtivismo

,

No primeiro semestre do ano arrancará en dúas localidades costeiras a pilotaxe do Proxecto Videoguard. Impulsado pola Xunta, trátase dun sistema de videovixilancia intelixente para a prevención e persecución da pesca e do marisqueo furtivos. Estará a proba ata finais de ano e aproveitaranse as infraestruturas de telecomunicacións xestionadas polo operador público Retegal, dependente da […]