Que é un NAS e por que pode ser unha ferramenta moi útil

Entre a cantidade de dispositivos que podemos ter nas nosas casas ou lugares de traballo, hai un que non se ve de maneira moi habitual pero que pode ser de vital importante se necesitamos gardar arquivos e acceder a eles desde calquera sitio.

Estamos a falar dos  NAS ( Network Area Storage), que son uns dispositivos que, a grandes liñas, dannos un almacenamento en rede. É dicir, é un sistema que nos permite almacenar os nosos datos e está conectado á nosa rede a través dun cable.

Que fai un  NAS?

O que fai un dispositivo destas características é almacenar os nosos arquivos e compartilos a través da rede que teñamos montada. Así, o  NAS pode estar conectado ao noso router e todos os dispositivos que estean conectados verán estes arquivos e poderán copialos, editalos ou borralos dunha maneira sinxela e sen ocupar espazo nos seus discos duros.

Como se pode adiviñar, un NAS serve principalmente para compartir datos entre varios dispositivos, pero tamén pode servir para facer copias de seguridade automáticas ou simplemente como un disco duro adicional que podes utilizar con calquera dos teus dispositivos. Pero un NAS pode facer moito máis.

Todo o que pode facer un NAS

A misión principal dos NAS é servir como almacenamento externo e masivo, conectado por rede, os  NAS son moito máis que almacenamento.

A continuación unha lista das principais funcionalidades que a inmensa maioría de modelos do mercado ofrecen:

  • Descargas P2P (emule,  Torrent) e
  • Servidor Web (PHP, SQL).
  • Servidor
  • Servidor multimedia ( DLNA, UPnP,  iTunes ou visor de fotografías).
  • Servidor para impresoras por rede.
  • Creación de usuarios e grupos de usuarios con permisos personalizados.
  • Configuracións RAID.
  • Cambio de unidades de disco duro en quente
  • Integración co sistema operativo ( Windows, Linux ou Mac VOS X).
  • Copias de seguridade.
  • Soporte para unidades USB ou
  • Soporte para plugins de terceiros.

Esta é unha pequena lista co máis importante que ofrecen moitos dos principais modelos do mercado. É de obrigada mención comentar que os fabricantes actualizan con bastante frecuencia os  firmwares dos seus dispositivos, co que se adoitan engadir novas funcionalidades cada certo tempo, algo que se agradece desde o punto de vista do usuario.

Necesitamos un NAS no noso día a día? Iso xa queda na decisión de cada un, pero sabendo a súa versatilidade, é algo a ter moi en conta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.