Como escoitar música online gratis

Internet tróuxonos a democratización dos contidos. Con tan só unha conexión podemos acceder a calquera tipo de contido de tipo audiovisual, algo que antes era unha tarefa complicada xa que, vivises onde vivises, non podías acceder a toda a oferta cultural que hai no mundo.

Un destes tipos de contido é a música. Hoxe en día tanto podemos atoparnos online ao grupo que ensaia no local da rúa do lado como a ese cuarteto indie de Finlandia que tan ben soan. Sabemos que a música está na rede, pero ás veces é difícil atopala. Como podemos escoitar música online de maneira gratuíta? Hoxe dámosche alternativas:

Spotify

Spotify é o programa rei no caso da música en streaming. Podemos escoitalo a través da web ou descargando o seu programa, desde o cal e grazas a unha conta gratuíta e a escoitar dalgúns anuncios de cando en vez, podemos acceder a un contido enorme de música de todo tipo.

YouTube

Non é YouTube para vídeos? Si, pero tamén hai música. E moita. Tan só cunha simple procura podémonos atopar multitude de cancións e videoclips de maneira gratuíta que podemos utilizar para noso día a día musical. O mellor neste caso é facer listas de vídeos, as cales nos valen para gardar as cancións que nos gustan.

Soundcloud

Se es seguidor de DJ seguro que esta che soa. Soundcloud é unha rede social onde os creadores soben a súa propia música para compartila cos seus seguidores ou con xente do gremio. Ten máis de 175 millóns de usuarios, polo que nos podemos atopar gran variedade de música. Iso si, os artistas que imos atopar non van ser os máis populares, se non que é un mundo un pouco máis alternativo.

Jango

Unha aplicación bastante curiosa e que tamén permite escoitar de maneira gratuíta. Jango crea radios personalizadas en canto aos nosos gustos. Se un día queremos escoitar algo de rap, poñeranos cancións dese estilo. Segundo o que lle digamos, a radio cambiará a uns estilos ou outros. O único malo é que non podemos escoller as cancións, pero igual descubrimos un gran artista no seu radio, quen sabe!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.