Como converter de PDF a eBook

O arquivo PDF é un dos máis utilizados á hora de enviar documentos entre persoas. A súa universalidade e flexibilidade fano perfecto para enviar a maioría de arquivos. Pero á hora de lelos nun libro electrónico hai problemas, xa que a maioría de modelos non son compatibles con este tipo de arquivo.

Que debemos facer ao atoparnos con este problema? Pois converter o arquivo PDF a algún dos formatos compatibles polo noso libro electrónico, xa sexa o formato aberto  ePUB, o propietario  MOBI de  Amazon ou o  BbeB de Sony.  Hoxe ensinámosvos diversas maneiras de converter ese PDF.

Calibre, a nosa navalla suíza

Se hai un programa perfecto para xestionar os nosos documentos para libros electrónicos ese é Calibre. O programa, dispoñible para todos os sistemas operativos, é capaz de converternos calquera formato a outro sen maiores problemas. Tamén o fai con PDF e mesmo outros formatos máis complexos.

Ademais da conversión, Calibre permítenos enviar os arquivo ao noso lector favorito, facendo así unha ferramenta todoterreo difícil de igualar.

Alternativas  online

Se necesitamos algo  online no canto dun programa instalable, podemos utilizar dúas opcións:  Nimbook é unha web que nos permite facer coleccións dos nosos e documentos de maneira  online, e tamén convertelos se é necesario.

Se só queremos a conversión podemos optar por Online ePub  Converter, que ademais de converter ao coñecido formato de  Amazon, tamén é compatible con PDF,  ePUB e  EZW.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.