Todos somos xestores das nosas propias redes sociais, isto é, de nós mesmos, pero ás veces tamén metemos a pata. Estes son os erros máis comúns… ou que que debemos evitar na medida do posible en redes sociais!

Fonte: http://www.socialbullets.com
Non digas que marchas de vacacións
Ata cho aconsella a @Policía: se anuncias que estás fóra, tes máis probabilidades de que, á volta, atopes a túa casa patas arriba. Evita dar pistas das mesmas, e, sobre todo, controla quen pode ler a información que publicas nas redes sociais. Xa terás tempo de presumir de vacacións á volta… 😉
Non publiques fotos de menores
Ao marxe da legalidade das publicacións, ponte na pel do menor… todo o que publicamos deixa pegada dixital, quen sabe se cando sexa maior descubre as súas fotos pola rede!
Ou, o que é peor, que comecen a circular pola rede sen control. O mellor, nesta tesitura, é poñerse no lugar do fillo e respectar que a eles lles pode dar vergoña aparecer retratados nas redes sociais.
Queixas do traballo
As redes sociais son unha boa válvula de escape para unha mala situación laboral, pero tamén é certo que as túas queixas son constancias escritas dunha situación. Pensa que esas queixas poden chegar ao teu xefe. Non sería a primeira vez, e aínda que as críticas non teñen por que ser motivo de despedimento, poden crear un conflito laboral realmente innecesario.
E, no peor dos casos, as queixas poden chegar a futuros xefes. Pensa que nos procesos de selección de persoal tamén se avalía a pegada dixital dos candidatos máis firmes a ocupar un posto de traballo.
Documentos privados
Enténdase, como tales, unha nómina, unha factura (por moi desproporcionada que sexa) ou outro tipo de documento que poida ter información sensible. Pasoulle a Paula Vázquez cunha foto dun documento no que quedaba á vista o seu número de teléfono.
E ti, poderías ofrecernos algún consello máis para evitar meter a pata en redes sociais? Déixanos un comentario cos teus consellos!

