Crea a túa propia instalación de Windows 10 dunha maneira sinxela

Windows é o sistema operativo con máis instalacións no mundo e, por conseguinte, o sistema que mellor se adapta aos gustos e necesidades do público xeral. Por esta razón, a de adaptarse, a instalación normal de  Windows adoita vir con programas adicionais que seguramente non vaiamos utilizar no noso día a día.

Que podemos facer con estes programas que só ocupan espazo no noso disco duro? Podemos optar por crear nosa propia instalación de  Windows 10 co programa  MSMG  Toolkit.

Como crear nosa propia instalación de  Windows 10

Como dicimos, para crear a nosa instalación personalizada de  Windows 10 imos utilizar o programa  MSMG  Toolkit, unha ferramenta que nos permite escoller funcións e compoñentes dunha instalación do sistema, desactivando características da instalación.

Como se pode comprender,  MSMG  Toolkit é un programa que debe utilizarse con cautela e non é algo que unha persoa principiante deba utilizar. Para empezar, necesitamos unha imaxe do DVD de instalación de  Windows 10 ou o propio disco, a partir de aí seguindo lendo as opcións de pantalla podemos ir engadindo e quitando opcións da instalación e crear unha nova imaxe de disco e instalar o que necesitamos.

Se temos algunha dúbida, a documentación de  MSMG  Toolkit dispoñible en  Majorgeeks está dispoñible de maneira  gratuíta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.