Guía práctica | Consellos de Google sobre privacidade e seguridade

Na guía práctica de hoxe repasamos algúns dos consellos que nos ofrece Google para tomarnos máis en serio a nosa seguridade en liña, un tema que debemos tomar moi en serio.

Velaquí algúns consellos que Google nos ofrece (en inglés) e sobre os que sinalamos os máis sinxelos de levar a cabo.

Navega en modo incógnito

google_chome_incognito_filter_foto_2

Serve para que poidas navegar sen deixar rastro de cookies en moitos sitios web, e é unha opción realmente sinxela de executar. Se prememos “arquivo > nova xanela de incógnito” xa estamos navegando un chisco máis seguros.

Con este modo perdemos a personalización de contidos (e publicidade) que ofrecen moitas webs, pero é absolutamente recomendable cando empregas ordenadores compartidos ou públicos (coma unha biblioteca, por exemplo).

Bótalle unha ollada á túa configuración de Google

Podes facelo dende esta ligazón. Nesta sección de Google podes comprobar o contrasinal e acceso ás túas contas de Google, á información persoal e de privacidade e sobre todo, a unha revisión de seguridade e de privacidade.

revisionseguridadgoogle

A revisión de seguridade é aconsellable facela un par de veces ao ano, así que gardade esta ligazón.

Limpa o teu navegador

Damos por sentado que empregas Chrome (que tamén é propiedade de Google) así que a propia casa matriz ofrece unha ferramenta para limpalo e que vaia máis rápido e máis seguro. A utilidade de limpeza de Chrome podes descargala aquí.

Cambia os teus contrasinais con frecuencia

Polo menos un par de veces ao ano. Cambiar os contrasinais con frecuencia dificulta que poidan acceder á túa conta, aínda que este tema tratarémolo con calma noutra guía práctica, porque xa hai métodos de autenticación máis seguros que os contrasinais.

Levabas a cabo algún destes consellos? Agardamos que lle prestes atención á seguridade na rede, é unha cuestión de fonda importancia!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.