
O formato PDF é un vello coñecido na informática. Naceu no ano 1993 e leva desde aquela sendo un dos formatos máis utilizados para compartir información sen que se poida editar. A súa flexibilidade (é compatible con calquera dispositivo), a súa compresión (os arquivos non ocupan moito) e a súa facilidade de creación fixeron que sexa o formato de arquivo estrela en todos os ámbitos.
Para realizar calquera tipo de operación con PDF temos á nosa disposición multitude de ferramentas: desde lectores, pasando por impresoras ou programas que cifran o contido do noso documento portable. Hoxe querémosvos presentar unha páxina que reúne, de maneira online, todas as operacións que podemos facer cun PDF: iLovePDF.
Edición completa de PDF
iLovePDF permite que podamos subir calquera arquivo PDF que teñamos e editalo de múltiples maneiras: podemos unir varios PDF, dividilo en varios ou engadir unicamente diferentes páxinas. Da mesma maneira, a páxina permítenos dunha maneira moi sinxela comprimir o noso PDF para que ocupe menos sen perder calidade, aplicar unha marca de auga ou cambiar a orientación das páxinas de maneira sinxela.
Conversión de PDF a multitude de formatos
Unha das características básicas dos arquivos PDF é que non se poden editar directamente. Para facelo, temos que converter o documento noutro formato editable, xa sexa en Word, Excel ou en imaxes JPG. Desde iLovePDF podemos facelo de maneira sinxela e rápida, tan só temos que seleccionar o arquivo e a páxina encargarase de convertelo ao formato que queiramos, podendo editar o contido a posteriori.
Aparte de todas estas estupendas características, o mellor é que iLovePDF é gratuíto e anónimo. Se non nos rexistramos, os nosos arquivos só permanecerán nos seus servidores unha hora despois de subilos. A conta gratuíta ten certas limitacións, pero o certo é que se o utilizamos para casos puntuais, pode ser de moita utilidade. Iso si. Se queremos algo máis, teremos que pasar por caixa.


A páxina que “CHE” permite facer 😉
Fallo técnico ao transcribir. Grazas por apuntalo! Xa está correxido
Ese “te” doe nos ollos