A tecnoloxía dános moitas cousas boas, pero de cando en vez, como todo, estrágase e acábanos dando uns cuantos dores de cabeza. Se temos un computador que comeza a ir mal temos dúas opcións: ou levalo ao servizo técnico ou tentar arranxar o problema nós mesmos.
Optar pola segunda opción non require grandes coñecementos de informática, xa que hoxe en día hai moitos programas que nos axudan a arranxar o noso ordenador. Unha das opcións máis recomendables é ter un pendrive USB con varios programas que poden rescatar o noso computador en caso de emerxencia. Hoxe ensinámosvos uns cuantos destes programas que vos poden salvar a vida, tecnoloxicamente falando.
Spybot & Search & Destroy
Ademais dos virus, outro problema recorrente nos computadores é a presenza de spyware. Para combatelo podemos usar a versión portable da popular ferramenta Spybot – Search & Destroy.
Tan só hai que executala e lanzar unha análise de sistema ou escanear só un ficheiro concreto. Desta maneira o programa buscaranos spyware que pode estar a maltratar o noso computador.
ZSoft Uninstaller
Os virus ou software malicioso poden ser un problema, pero en ocasións tamén o son programas legais que, por unha razón ou outra, non se deixan desinstalar. Aí é onde entra ZSoft Unisntaller, un software que nos permite eliminar eses programas imposibles de quitar e que poden estar a retardar o noso computador. E o mellor é que se pode meter nun USB.
SpaceSniffer
Cando nos falta espazo en disco, en ocasións é porque temos demasiados arquivos repartidos pola multitude de cartafoles de sistema. Neses momentos é útil ver de maneira gráfica como está distribuído o espazo no noso disco ríxido e que cartafoles son as que están a ocupar máis espazo.
SpaceSniffer fai isto dunha maneira moi intuitiva e gráfica, ademais é gratis e pódese meter nun pendrive USB para levalo onde queiramos.
Toucan
Temos o sistema impracticable e queremos salvar os nosos arquivos? Toucan permítenos facer unha copia de seguridade dos arquivos que sexan máis importantes desde o noso pendrive. Ten bastantes opcións de personalización e é moi sinxela de usar.