cdtic

Que é o CDTIC?

,

O CDTIC é o Centro Demostrador TIC, escaparate tecnolóxico de Galicia e un referente para a introdución das TIC nas empresas galegas a través da asesoría e da formación tecnolóxica. É unha iniciativa da Amtega e da Consellería de Traballo e Benestar xunto coa entidade pública Red.es, adscrita ao Ministerio de Industria. Ubicado no Centro de […]

merchirodeiramar

Rodeiramar 2A: as redes sociais funcionan

, ,

Se sodes algo Larpeiros, seguro que coñecedes o Hostal e os Apartarmentos Rodeiramar, en Cangas. Merchi explícanos como medraron grazas aos vídeos e á comunicación en redes sociais. Por que non vos pode pasar a vós o mesmo? Pero Fran e Merchi non son o único exemplo. Non somos os primeiros en falarvos do proxecto […]

flickr-logo

Guía práctica | Volve Flickr

, ,

Flickr é a plataforma clásica para compartir fotos e vídeos na rede. Lonxe de amedrentarse ante Instagram ou Pinterest, no 2013 presentaba un redeseño importante dándolle máis protagonismo ás imaxes e dispoñéndoas en forma de mosaico nos álbums e galerías de fotos. A novidade máis importante é que nos ofrece un terabyte de almancenamento gratuíto; […]

DSC_0261

Solucións TIC para autónomos

, ,

Onte repasabamos o informe do Osimga (Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia) sobre o uso que fan os autónomos galegos das tecnoloxías da información e da comunicación. Entre outros datos, destaca que só o 32 % dos autónomos emprega solucións informáticas para a xestión de clientes e proveedores. Repasamos algunhas das […]

20130926_pemes_800

Asesoramento tecnolóxico para autónomos

, ,

Onte falabamos do lugar que ocupan os autónomos galegos na Sociedade da Información. A Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) acaban de presentar o Programa de Asesores TIC, para axudar a pequenas e medianas empresas a integrar as TIC no seu negocio. O programa está destinado a negocios dos sectores […]

facturaXD

Os autónomos galegos e as TIC

,

O Osimga, Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia, presentaba a principios de ano o primeiro estudo sobre a Sociedade da Información e os autónomos de Galicia, baseado en máis de 500 enquisas. Do equipamento do que dispoñen ou do uso que fan das ferramentas e servizos tecnolóxicos, dedúcese que queda moito […]

tutu

Dous videoxogos galegos

, ,

Seguro que cando falamos de videoxogos non pensades en Galicia como lugar de referencia. A mellor maneira de rematar a serie de posts sobre videoxogos, é achegándonos a dúas producións galegas: AR-K e Tutu. AR-K AR-K é unha aventura gráfica desenvolvida pola empresa galega Gato Salvaje. Dispoñible para Android, iOS, PC e Mac, é un […]

pinterest

Guía práctica | Turno para Pinterest

, ,

Despois de Facebook, Twitter, Instagram, Youtube e Google +, abrimos unha ventá a unha rede social con máis de 70 millóns de usuarios: Pinterest. Rexistrádevos cos datos da conta de correo electrónico, cos de Facebook ou Twitter, e acompañádenos nun percorrido polo dashboard, as categorías, os pins, os taboleiros e o perfil. Dashboard No dashboard […]

wii libro e

Videoxogos e educación, condenados a entenderse?

, ,

Nos últimos posts apuntabamos a idea dos videoxogos como ferramenta educativa. Fixemos un breve repaso de xéneros no que probamos a existencia de xogos de todos os temas e para todas as idades. E empezamos esta semana falando sobre os serious games: xogos que buscan algo máis que entreter. O grupo de investigación Nodo Educativo da Universidade […]

vandal1

A web do mes: vandal.net, portal galego sobre videoxogos

,

Levamos uns cantos posts recomendándovos que vos informedes antes de mercar un videoxogo. Hoxe presentámosvos vandal.net, portal sobre videoxogos feito en Galicia: novas, lanzamentos, análises, reportaxes… Facemos un percorrido pola web deténdonos nalgunhas das seccións máis destacadas. Novas “Todas as novas de videoxogos actualizadas ao minuto, todos os días da semana, con todos os anuncios […]