Así é abert@s, o portal Open Data da Xunta de Galicia

Vivimos nunha época na que as comunicacións son a clave. Miles de datos corren por segundo a través de todos os cables de fibra óptica que existen ao redor do mundo. Estes datos adoitan pertencer ás diferentes aplicacións que utilizan a rede para funcionar, pero noutras ocasións pode haber datos que podemos utilizar libremente e sen ningún problema.

Abert@s é o portal de Xunta de Galicia que busca iso mesmo: que calquera poida reutilizar os datos que se xeran nas diferentes entidades, organizacións e proxectos que funcionan baixo o amparo da administración autonómica. Seguindo a filosofía do Open Data, calquera pode utilizar os datos proporcionados para os seus proxectos, aplicacións, páxinas web, estudos ou, simplemente, para informarse.

Como funciona abert@s

Abert@s é un portal dispoñible todos os días do ano para calquera que queira visitalo. A través desta páxina web pódense consultar numerosos e variados datos en multitude de formatos. Todo isto sen necesidade de rexistrarse e dunha maneira totalmente gratuíta.

Que datos podemos atopar

En abert@s pódense atopar datos de todo tipo. Desde o calendario laboral oficial de 2017, pasando por unha lista dos centros Quérote+ ou unha pequena base de datos que contén os Bens de Interese Cultural de toda Galicia. Todos os datos proporcionados teñen a súa páxina propia, na que se pode ver unha pequena descrición do que son, os formatos nos que se presentan e a licenza coa que se publican estes datos.

Da mesma maneira, a páxina permite realizar procuras simples e avanzadas para buscar e comprobar se os datos que buscamos están dispoñibles. E se non o están, podemos realizar unha solicitude a través da sección de ideas da plataforma.

Se nalgún momento utilizamos estes datos, tan só haberá que seguir unhas sinxelas condicións de utilización, ademais de utilizalos correctamente, xa sexa se facemos solicitudes a través de aplicacións ou os descargamos nos nosos computadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.