Tecnoloxía do futuro presente: Window Socket, un enchufe que funciona con enerxía solar

Window Socket

Cando falamos de enerxía solar habitualmente pensamos en grandes paneis que necesitan abundantes baterías para poder almacenar toda a enerxía que se recibe do Sol. Esta idea podería cambiar deica pouco grazas a Kyuho Song e Boa Oh, dous graduados do Instituto de Deseño e Arte de Samsung en Seúl, que deseñaron este curioso aparello: o Window Socket.

O proxecto, que foi presentado fai unhas poucas semanas, é un prototipo pero está pensado para que sexa un trebello que dispón dun enchufe por unha banda e un pequeno panel solar polo outro. Ao colocalo nunha superficie ou nunha xanela, o panel solar alimentaríase de enerxía e cargaría a batería interna que, á súa vez, alimentaría a través do enchufe calquera aparello que lle conectásemos.

Este interesante aparello está deseñado para que sexa agradable á vista e tamén ao peto, xa que levaría unicamente unha batería de pouco máis de 1.000 mAh. Este tamaño de batería sería quizais o seu único hándicap, xa que se consideramos que os teléfonos móbiles posúen baterías que cuadriplican esa capacidade, sería complicado que fose útil para o día a día polo menos para o mundo desenvolvido.

E dicimos isto porque se temos en conta que o enchufe, unha vez cargada a batería, pódese usar á vez que se carga con enerxía solar, o Window Socket podería utilizarse en lugares e países que necesitan electricidade pero que pola súa situación económica non a teñen. Os seus creadores prometen que será unha ferramenta pequena, económica e útil, polo que quizais estamos ante unha revolución para os países menos desenvolvidos. Ogallá.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.