Guía práctica | Monitorización de resultados en Twitter

Xa sabedes que non serve de nada xestionar as redes sociais da vosa empresa se non controlades os resultados que obtedes. Xa compartimos unha guía práctica sobre monitorización de resultados en Facebook. Que temos que medir na xestión de Twitter?

Actividade

Estatisticas_Twitter

Estatísticas Twitter

Cómpre controlar a evolución do número de seguidores e seguidos e o número de actualizacións que facemos. Tendo en conta o número de actualizacións, se investimos en publicidade en Twitter ou se fixemos algún sorteo, o máis importante é o número de novos followers que gañamos cada mes.

Para controlar a evolución da páxina temos que observar a evolución da interacción co noso perfil, relacionándoa co número de seguidores e as publicacións feitas.

Interacción dos usuarios

estatisticasTwitter

Estadísticas Twitter

Nas estatísticas de Twitter ou nas que podedes obter nun xestor de redes sociais como Hootsuite, tomade nota das mencións, retuits, favoritos e, moi importante, os clics nas ligazóns que publicades.

Contidos

Twitter ofrécenos información da actividade dos tuits que inclúe cantos retuits e favoritos conseguiron e canta xente visualizou o tuit. Os tuits máis valorados serán aqueles que consigan un maior número de clics. Desta maneira poderedes valorar que contidos dos que publicades lle interesan máis aos vosos seguidores. Neste caso, son máis fiables as estatísticas que nos da Hootsuite que as do propio Twitter.

Sorteos

Podedes usar unha app como Onekontest para facer un concurso de hashtags, de fotos, de vídeos, etc. A aplicación daravos información do número de usuarios que participaron ou dos dispositivos ou lugares dende os que se conectaron. Tamén podedes solicitar información como o correo electrónico ou o número de teléfono para usalos en futuras comunicacións. Non esquezades as bases legais.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.