Guía práctica | Monitorización de resultados en Facebook

Estadisticas_Facebook

Estatísticas Facebook

O penúltimo paso da xestión de redes sociais é controlar os resultados que obtemos. O último é usar esa información para redefinir a estratexia de contidos. Nas estatísticas de Facebook ou en xestores de redes sociais como Hootsuite, buscaremos información de volume de seguidores, datos demográficos, interacción dos usuarios, calidade dos contidos e sorteos.

Volume de seguidores

Nas estatísticas de Facebook podedes coñecer a evolución diaria do número de seguidores da páxina. Ademais, podedes saber se os novos seguidores chegan a través de anuncios de Facebook, das suxerencias de páxinas…

Datos demográficos

Estadisticas_Facebook

Estatísticas Facebook

Información importante para decidir que contidos creamos. Facebook dinos sexo e idade dos seguidores da páxina e dos novos seguidores.

Interacción dos usuarios

Temos que controlar o número de gústames, contidos compartidos e comentarios que chegan á páxina. Tendo en conta o número de publicacións, serviravos para controlar a evolución da páxina. O obxectivo de publicar en Facebook é que os nosos seguidores interaccionen coas publicacións que facemos.

Calidade dos contidos

Estadisticas_Facebook

Estatísticas Facebook

Facebook ofrécenos información sobre as publicacións que facemos: que número de gústames, contidos compartidos e comentarios conseguen, cantos clics se fan nas ligazóns, número de usuarios aos que chegan, etc. Nunha táboa de excel, por exemplo, podedes establecer categorías de contido –en Xente Dixital poderían ser, por exemplo, guías prácticas, cursos, actualidade, etc.– e rexistrar cantas publicacións facedes de cada tema e que resultados conseguen.

Sorteos

É unha das ferramentas que podemos usar para conseguir seguidores e aumentar o nivel de interacción en redes sociais. Usando unha aplicación como Easypromos, podedes saber cantos usuarios participaron nun sorteo ou nun concurso, acceder aos seus correos electrónicos para usalos, por exemplo, para enviar un boletín dixital, etc. É importante que subades unhas bases legais nas que expliquedes que uso se lle vai a dar á información persoal obtida.

1 comentario

  1. Pingback: Guía práctica | Monitorización de resultados en Twitter - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.