Día 2 – O Feminismo

O deseño desta xornada dos 21 Días co Galego e + correu a cargo do IES Pontepedriña.

Neste vídeo, partindo da primeira folga feminista o 8 de marzo de 2018, realízase un minidocumental que dá conta da historia da presenza da muller galega nas artes plásticas, na literatura e na música. De seguro vas ver moitos nomes xa coñecidos ao carón doutros de mulleres que fixeron un gran labor pola nosa cultura e que porén non están a recibir a honra que merecen.

Deseguido tedes unha pequena pílula informativa de sociolingüística sobre a linguaxe sexista.

Se clicas aquí poderás acceder aos Criterios de linguaxe non sexista da USC.

Ademais de guías de utilización para empregar unha linguaxe igualitaria, tamén existe unha aplicación chamada Exeria que detecta os erros lingüísticos de carácter sexista. Preme na imaxe para acceder á súa páxina.

Por último queremos propoñervos a realización dun Pasagalego sobre feminismo. A ver quen de vós coñece mellor o léxico feminista.

Lembra, no día de hoxe non deberás realizar ningunha tarefa nin reflexión, abonda con falar.

Que a afouteza do galego te acompañe!