Día 6 – A banda deseñada

O deseño desta xornada dos 21 Días co Galego e + correu a cargo do IES Francisco Daviña Rey.

Durante moitísimos anos as bandas deseñadas ou cómics foron un medio de entretemento tanto de maiores como de rapaces e nenos. Quen nacido antes da década dos 80 non leu algunha BD de El capitán trueno, El Jabato, Zipi e Zape, Mortadelo e Filemón ou Esther!? Agora, estes títulos pode que nin sequera vos soen, pero se lles preguntades aos vosos pais ou avós seguro que os coñecen e mesmo son capaces de dicirvos moitos máis. Noutras épocas, moitos rapaces e rapazas coma vós medraron lendo as bandas deseñadas que, ás veces por casualidade, caían nas súas mans e que constituían non só un elemento de lecer, senón tamén unha fonte de coñecemento.

A banda deseñada galega vive na actualidade a súa idade de ouro; nunca como agora houbo tantos artistas, tantos libros nin tantas facilidades para facerse con cómics no noso idioma. Con todo, os lectores que consomen BD Galega son poucos.

Aquí vos deixamos unha pequena historia sobre a banda desañada galega feita polo alumnado do IES Daviña Rey. A ver se vos animades a coller algún dos libros que haberá de seguro na vosa biblioteca!

E quen queira saber algo máis sobre a historia da banda deseñada en xeral pode ver estoutro vídeo.

Neste momento vivimos unha época de mestizaxes que tamén chegan á literatura; así, o cómic é unha forma de arte que tamén pode aparece combinada con outras artes. Brais López, no seu nacemento como booktuber, vainos amosar un exemplo destas novas realidades creativas.

Se vos preguntasen cal é o tipo de BD que máis vos gusta, seguramente, moitos de vós responderiades que o MANGA. Pois debedes saber que hai pouco que se publicou o que ata o momento é o único manga en galego e feito por unha galega. Trátase de TAM de Anémona de Río. Velaquí tedes unhas cantas opinións sobre a obra dunhas alumnas de 1º de Bacharelato do IES Francisco Daviña Rei.