Día 9 – Apps en galego

O deseño desta xornada dos 21 Días co Galego e + correu a cargo do IES Antón Alonso Ríos.

Hoxe ímonos achegar ás novas tecnoloxías e máis concretamente ás apps. Para iso mira o seguinte vídeo.

Agora demostra canto sabes de novas tecnoloxías no seguinte Pasagalego.

SOLUCIONARIO_Pasapalabra NOVAS TECNOLOXÍAS

 

Convídámoste a que galeguices o teu móbil:

Paso 1: Escolle o galego como idioma para o teu dispositivo.

Paso 2: Instala apps de ferramentas básicas de lingua como o Portal das Palabras, etc.

Paso 3: Instala apps en galego.

 

REFLEXIÓN 4

Hoxe tócache realizar a túa cuarta gravación de reflexión.

Recorda que, nestes vídeos que deberás gravar en solitario ao final do día, o que realmente importa é a túa sinceridade e capacidade de análise.

Xa levas unha semana de proxecto!

  • Como arrancou esta segunda semana do proxecto?
  • Sénteste con máis ou menos forzas que a semana pasada? A que cres que é debido?
  • Cales son as persoas que máis te axudan a conseguir o teu obxectivo? Non cres que talvez sería boa idea agradecérllelo?

Que a afouteza do galego te acompañe!