Día 10 – O deporte

O deseño desta xornada dos 21 Días co Galego e + correu a cargo do IES Otero Pedrayo.

O galego tamén está no mundo grazas ao deporte de elite. Son moitos os homes e as mulleres deportistas de Galicia que levan a lingua propia aló onde van. O IES Otero Pedrayo quere presentarvos hoxe algúns deles. Estade ben atentos porque os imos escoitar falar do importante que é o galego nas súas vidas.

De todos os deportes, posteriormente, deterémonos no ciclismo, xa que queremos presentarvos unha escola próxima a nós e chea de éxitos: A Escola Ciclista J. A. Hermida, de Maceda.  Dela saíron grandes figuras do ciclismo profesional. Este mesmo mes, o día 13 concretamente, dous dos rapaces desta escola proclamáronse co título de campións de España nas categorías Junior (Carlos Canal) e Sub-23  (Iván Feijóo).  Este último mándanos un saúdiño para os 21Días co galego e+. Aí vai o vídeo.

Os deportistas acóllense baixo os paraugas das federacións. Unha federación deportiva vén sendo unha organización que ten como función principal a regulación e ordenación do deporte.

Aquí vos deixamos o enderezo onde podedes consultar todas as federacións deportivas galegas. Animádevos a entrar e veredes a enormidade do mundo deportivo.

Tarefa 4

A tarefa 4 está explicada no final do vídeo, trátase da realización dunha retransmisión deportiva.

Que a afouteza do galego te acompañe!

 

Etiquetas