Día 11 – Ferramentas lingüísticas
O deseño desta xornada dos 21 Días co Galego e + correu a cargo do IES Otero Pedrayo.
Cantas linguas hai no mundo? Cantas somos capaces de recoñecer, entender, falar…?
A lingua é o modo esencial de comunicación entre as persoas e un dos factores máis fortes de cohesión dunha comunidade. E podemos comunicarnos con persoas de todas as partes grazas á tecnoloxía.
A nosa lingua, o galego, idioma de presente e de futuro, ten unha presenza cada vez maior no ámbito das novas tecnoloxías. Contamos con dispositivos que interactúan connosco en galego, con aplicacións informáticas que nos permiten traballar e gozar do lecer…
Os rapaces e rapazas do IES Otero Pedrayo, de Ourense, vanvos informar sobre as ferramentas lingüísticas das que dispoñemos nunha lingua actual como a nosa: aplicacións móbiles, software libre, dicionarios en rede, buscadores…
Que as descubrades e gocedes con elas!
Agora ímosvos explicar que son os castelanismos e veremos se sodes quen de localizar as interferencias lingüísticas en ámbitos cotiáns.
Querémoslle agradecer ao profesor Carlos Yus a cesión do seu texto sobre galeguismos para esta actividade.