Día 20 – Cuestionarios de usos lingüísticos
A xornada de hoxe vai estar vinculada aos cuestionarios de usos lingüísticos. Para a realizacion o instituto dálle as instrucións e o contrasinal a cada membro da túa comunidade educativa.
Estes cuestionarios son anónimos e forman parte das enquisas de centro para o Proxecto Lingüístico, un documento que de xeito obrigatorio deben realizar todos os centros educativos de Galicia.
Advertencia para as familias:
- A nai, o pai ou representante legal debe cubrilo por separado e co mesmo contrasinal que o seu fillo ou filla.
Preme no cuestionario que debas cubrir ti.




