Día 7 – Unha proposta doce do IES Arcebispo Xelmírez I

Bo día neste domingo de xaneiro. Como vai a fin de semana?

Hoxe traémosvos unha proposta lúdica e larpeira para compartirdes momentos xuntos que nos envían desde o IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela.

Se non vos vai ben facer o domingo esta actividade e queredes participar igual, podedes facela calquera día.

Gustaríanos que, ademais de compartirdes a vosa experiencia coas vosas fillas e cos vosos fillos, tamén o fixésedes connosco a través das nosas redes sociais. E por iso vos convidamos ao seguinte:

  • Observade o vídeo.

  • Seguide a proposta.
  • Gravádevos realizando a vosa receita.
  • Subide os vídeos das vosas receitas ás vosas contas nas diferentes redes sociais.
  • Incluíde nas vosas publicacións o cancelo #21diascogalegoemais para compartilas connosco.
  • Finalmente, vivide a fin de semana en familia e en galego.

Se non vos vai ben realizar hoxe a actividade e queredes participar igual, podedes facela calquera día.