Vídeos do alumnado

Vídeos do alumnado
Comezamos a publicar os vídeos das alumnas e alumnos dos centros participantes no programa 21 Días co galego e máis da Secretaría Xeral de Política Lingüística na edición 2020. Con esta morea de vídeos que imos ir publicando queremos tamén facilitar a aparición de material lúdico nos fogares. #21díascogalegoemáis #aculturasegue  

Día 21 – Reflexión 3 e agradecementos

REFLEXIÓN 3 Hoxe tócache realizar a túa terceira e última gravación de reflexión: neste caso trátase dunha reflexión especial coa que se pretende que realices unha análise xeral da túa participación no proxecto. Para iso queremos que fagas memoria e que lembres como comezamos.. Recorda que, nestes vídeos que deberás gravar en solitario ao final ...

Día 19 – O IES Illa de Ons convídanos a un musical

Hoxe coñeceremos o último centro participante, o IES Illa de Ons, que nos trae unha presentación chea de emoción a través das vivencias das persoas integrantes desa comunidade educativa. Agora imos ver todo o que significou para os seus membros traballar na creación conxunta dun musical. Por último, queren facervos unha proposta de actividade en ...

Día 15 – Reto 3

Hoxe presentámosvos o 3.º reto destes 21 días co galego e +. Esta semana ides ter que crear un vídeo que estea relacionado coa música ou con outras artes. Son moitas as producións que podedes realizar nesta terceira semana. Dámosvos algunhas ideas: – Facer a versión dunha canción popular con pictogramas que axude a aumentar ...