Día 9 – O IES Afonso X achéganos á lusofonía

Ola, como vos vai neste martes de inverno?

Hoxe chégannos os vídeos do IES Afonso X O Sabio de Cambre. Imos ver a súa presentación.

O tema elixido por este instituto é a lusofonía.

Que sabiades vós das relacións galego-portuguesas?

Credes que desde Galicia coñecemos a cultura portuguesa?

Coñecedes a iniciativa Ponte nas ondas?

E o Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal?

Infórmate sobre estas dúas iniciativas e descubre en que consisten.