Día 11 – 2.ª Reflexión e cuestionarios de usos lingüísticos

Parabéns! Seguro que es das persoas que está avanzando moito no seu uso do galego.

Hoxe terás dúas misións: realizar a túa 2.ª reflexión e cubrir a enquisa sociolingüística de uso da lingua galega no teu centro de ensino.

2.ª Reflexión

Xa vas pola metade dos 21 días co galego e +.

– Como vai o teu reto persoal?

– Está a ser como ti agardabas?

– Xa identifaches as persoas que che axudan a falar máis en galego?

– Que che parecen os materiais creados polos outros centros participantes?

– Pensa un novo reto medible e graduable para ti na segunda parte do programa que agora comeza.

Cuestionario de usos lingüísticos

Preme no cuestionario do colectivo ao que pertences e sigue as instrucións que che facilitará o profesorado do teu centro, el é o que che indicará cando e como debes realizar o cuestionario.

Estes cuestionarios son anónimos e forman parte das enquisas de centro para o Proxecto Lingüístico, un documento que de xeito obrigatorio deben realizar todos os centros educativos de Galicia.

Advertencia para as familias:

  • A nai, o pai ou representante legal debe cubrilo por separado e co mesmo contrasinal que o seu fillo ou filla.

Preme no cuestionario que debas cubrir ti.