Día 12 – Aprendemos a pronunciar co IES de Tomiño

Este venres imos coñecer o IES Antón Alonso Ríos de Tomiño.

O alumnado deste IES de Tomiño vainos ensinar a colocar a lingua. Que non o credes? Mirade o vídeo e aprendede.

 

Se queres saber como se pronuncia unha palabra, podes consultar o Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega do Instituto da Lingua Galega.

 

Lembra que tamén no Portal das Palabras da Real Academia Galega e a Fundación Barrié tes un dicionario en que poderás escoitar en cada entrada a pronuncia correcta da palabra.

Pero isto non é todo, tamén teñen unha proposta para vós e as vosas familias para ver como dicides que non nas vosas casas. Esperamos que vos guste.