Día 5 – IES Xesús Taboada Chivite / Poemar o mar
O INSTITUTO
Como levas os 21 Días co Galego e +?
Xa chegamos ao venres e hoxe imos ver a primeira contribución en vídeo dun equipo de biblioteca. do EDLG, neste caso do IES Xesús Taboada Chivite de Verín.
Veñen presentar o libro de Antonio García Teijeiro, Poemar o mar, convídannos a achegarnos ao propio texto e mais a facelo tamén a través da relación coas artes plásticas.
Agora traémosche un vídeo onde vas poder ver o propio Antonio García Teijeiro recitando varios poemas deste libro.
Convidámoste tamén a que visites o blog do escritor Antonio García Teijeiro onde poderás atopar información de todo tipo sobre a súa obra e creacións poéticas novas.
E como sobremesa, e acabado de saír do forno poético, este vídeo que publicou este mércores García Teijeiro na súa canle de YouTube co gallo do Día de Rosalía.
A poesía xa hai ben tempo que se vén expresando a través da comuñón con outras artes; un exemplo desta son os videopoemas. Déixoche este da autora Rosalía Fernández Rial. Espero que che guste.
FALAMOS
E ti? Escribes poesía? Les poesía?
Recítanos un poema teu e se queres explícanos o que intentas transmitir con el.
Tamén nos podes enviar un poema que che guste escrito por outra persoa e explicarnos que ten de especial para ti.
Ou por que non nos cantas algunha canción que che guste baseada nalgún poema galego?
E tamén nos podes contar o moito que che gusta a poesía!
Non te esquezas de nos etiquetar con @21dcgemais e poñer o noso cancelo #21dcgemais
DÍGOCHO EU!
Sempre quixeches saber como xurdiu o Dígocho eu? E como o fan? E que pensan Carlos Amado e Esther Estévez? Pois para que non quedes coa gana de saber, mentres non chegan ao teu centro, adiántoche esta entrevista do programa A revista da TVG.
E como sabemos que che gustou a primeira entrega da serie O máis viral do TikTok pois aí che vai o segundo capítulo.

