Día 4 – IES As Mariñas / Os nosos poderes

O INSTITUTO

Hoxe chégalle a quenda ao IES As Mariñas de Betanzos. O seu alumnado vénnos falar de poderes, si, si, liches ben, dos “nosos” poderes. Non me digas que ti aínda non sabías que temos poderes? E logo non sabes da nosa lingua, do noso patrimonio e das nosas mulleres? Pois atende, atende.

E agora que? Xa admites que temos poderes ou aínda turras en que non?

 

FALAMOS

E ti? Que poderes tes? Amósanos os teus poderes.

Ou cóntanos que poderes cres que temos as galegas e os galegos.

Ou tamén nos podes dicir que poderes tedes as persoas que vivides na túa aldea, vila ou cidade.

Non me digas que non che dou onde escoller!

E te esquezas de nos etiquetares con @21dcgemais e de poñeres o noso cancelo #21dcgemais

 

DÍGOCHO EU!

Como sabes, tamén podes atopar con novos contidos o Dígocho eu! no TikTok. Atoparalos procurando o seu cancelo #DígochoEu.

Velaquí tes o primero capítulo da serie O máis viral do TikTok onde se recollen os vídeos máis vistos na conta de TikTok do Dígocho eu!

E para que non perdas de aprender e chegues ao nivel pro de léxico, deixámosche tamén o primeiro vídeo de “nivel pro” do programa, realizado con alumnado no IES Xesús Taboada Chivite de Verín, onde estudou Esther Estévez.