Día 5 – IES Xesús Taboada Chivite / Poemar o mar

O INSTITUTO

Como levas os 21 Días co Galego e +?

Xa chegamos ao venres e hoxe imos ver a primeira contribución en vídeo dun equipo de biblioteca. do EDLG, neste caso do IES Xesús Taboada Chivite de Verín.

Veñen presentar o libro de Antonio García TeijeiroPoemar o mar, convídannos a achegarnos ao propio texto e mais a facelo tamén a través da relación coas artes plásticas.

 

 

Agora traémosche un vídeo onde vas poder ver o propio Antonio García Teijeiro recitando varios poemas deste libro.

 

Convidámoste tamén a que visites o blog do escritor Antonio García Teijeiro onde poderás atopar información de todo tipo sobre a súa obra e creacións poéticas novas.

 

E como sobremesa, e acabado de saír do forno poético, este vídeo que publicou este mércores García Teijeiro na súa canle de YouTube co gallo do Día de Rosalía.

 

A poesía xa hai ben tempo que se vén expresando a través da comuñón con outras artes; un exemplo desta son os  videopoemas. Déixoche este da autora Rosalía Fernández Rial. Espero que che guste.

 

 

FALAMOS

E ti? Escribes poesía? Les poesía?

Recítanos un poema teu e se queres explícanos o que intentas transmitir con el.

Tamén nos podes enviar un poema que che guste escrito por outra persoa e explicarnos que ten de especial para ti.

Ou por que non nos cantas algunha canción que che guste baseada nalgún poema galego?

E tamén nos podes contar o moito que che gusta a poesía!

Non te esquezas de nos etiquetar con @21dcgemais e poñer o noso cancelo #21dcgemais

 

DÍGOCHO EU!

Sempre quixeches saber como xurdiu o Dígocho eu? E como o fan? E que pensan Carlos Amado e Esther Estévez? Pois para que non quedes coa gana de saber, mentres non chegan ao teu centro, adiántoche esta entrevista do programa A revista da TVG.

E como sabemos que che gustou a primeira entrega da serie O máis viral do TikTok pois aí che vai o segundo capítulo.