Día 7 – CPR A Inmaculada / Letras novas lucenses en directo

O INSTITUTO

Rematamos a semana cunha visita ao CPR Maristas A Inmaculada de Lugo onde imos realizar un pequeno percorrido polas letras lucenses a través da obra de catro autores: Antía Yáñez, Luís Valle, Rubén Pérez e Olga Novo.

Antía Yáñez cóntanos as súas primeiras lembranzas sobre Rosalía de Castro na casa e na escola e o descubrimento do seu feminismo.

Participación de Luís Valle nun recital poético co gallo do Día da Poesía 2020.

Declaracións de Luz Pozo co gallo da concesión do Premio Nacional de Poesía.

 

AS FAMILIAS

As familias desempeñan un papel fundamental e insubstituíble na transmisión da lingua ás seguintes xeracións. Membros da ANPA do CPR Maristas A Inmaculada de Lugo amosan a importancia do apoio das nais e pais ao proxecto 21 Días co Galego e + e animan á súa participación.https://youtu.be/Mh6z6dCO9IA

FALAMOS

Disque a xente nova non coñece cancións en galego. E ti que opinas? Demóstranos que non é certo.

E non te esquezas de nos etiquetares con @21dcgemais e de poñeres o noso cancelo #21dcgemais

 

DÍGOCHO EU!

Para rematarmos a semana do Dígocho eu! traémosche o seu capítulo número 200 onde Esther se dedicou a repasar as súas “muecas”, e aínda che ten ben delas!