Día 8 – IES de Carral / Gaita, música e verbenas

O INSTITUTO

Veña, que xa vas pola segunda semana. Pásanche a correr ou amodiño os teus días co galego?

Arrincamos forte a semana e con moito ritmo porque se hai algo que nos caracterice son as nosas boas verbenas. Non me digas que non botas de menos ir de festa?

O alumnado do IES de Carral vénnos falar de gaitas, música e verbenas para que fagamos un pouco de memoria e tamén aprendamos das orixes das nosas festas.

Son moitas as orquestras que teñen musicado a grande das nosas letras, Rosalía de Castro. Traémosche uns exemplos.

Un dos grandes cantantes da historia das orquestras galegas, Sito Sedes, interpreta o “Airiños, airiños, aires” de Rosalía de Castro coa Garufa Blue Devils Big Band en Viveiro no ano 2019.

A orquestra Panorama no ano 2010 abría a romaría cun esconxuro e o “Negra sombra” de Rosalía.

Mais sen dúbida o tema estrela de Rosalía na verbena é o “Merengue Rosalía” da Charleston Big Band. Velaquí che deixamos este tema, interpretado pola orquestra de Padrón no programa Luar en 2016.

Se queres seguir as festas galegas hai uns cantos enderezos que podes ter de man:

Festas de interese turístico de Galicia

Festa a festa

Festas gastronómicas na provincia da Coruña

Sopa de festa

Unha ducia de festas galegas

 

FALAMOS

De seguro que onde ti vives hai algunha festa destacada. Que eventos festeiros celebrades pola túa contorna? Recoméndanos unha boa festa!

E non te esquezas de nos etiquetares con @21dcgemais e de poñeres o noso cancelo #21dcgemais

 

DÍGOCHO EU!

E como hoxe vai de festas, traémosche un Dígocho eu! que non vai de festas pero si de *aguafiestas.

 

Onte viamos o capítulo 200 do Dígocho eu e hoxe…, pois hoxe imos polo 300.