Día 9 – IES Lauro Olmo / ex-motio

O INSTITUTO
Este martes vai ser o alumnado do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras quen nos fale do traballo que está a realizar o seu centro sobre as emocións.

Se queres, podes visitar o seu sitio na rede para estas tres semanasAí atoparás as actividades que van desenvolvendo ao longo do proxecto.

Desde o Lauro Olmo tamén nos envían un convite para xogarmos; se te apuntas, sigue as instrucións da imaxe:

 

E se queres afondar máis no coñecemento que tes das diferentes emocións, podes descargar este documento con fichas de actividades sobre elas. Sería interesante traballalas entre toda a clase.

FALAMOS
E ti como andas de emocións? Telas ben identificadas cando as sentes? Escolle catro das emocións mencionadas no vídeo e cóntanos como as sentes e de que cores son para ti.

 

DÍGOCHO EU!
E xa que vai de emocións, traémosche dous Dígocho eu! relacionados con elas ou polo menos coas palabras que empregamos cando ás veces non sabemos expresalas correctamente.