Día 10 – IES Sánchez Cantón / Entre donas ás beiras do Lérez

O INSTITUTO
No IES Sánchez Cantón de Pontevedra están a traballar no proxecto Entre donas ás beiras do Lérez que ten como obxectivo darnos a coñecer diversas mulleres pontevedresas a través das súas actividades profesionais e tamén da súa relación coa lingua. No vídeo que nos envían podemos ver o que aprederon con algunhas delas.

Se queres máis información sobre mulleres galegas convidámoste a visitares a páxina álbum de mulleres, un proxecto da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. O álbum, presente na rede desde 2005, ten como principais obxectivos recuperar e facilitar progresivamente o acceso á información, datos, voces, imaxes, escritas, traballos e traxectorias de mulleres galegas e/ou relacionadas con Galicia.

Deixámosche o exemplo da ficha de Xela Arias, a autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

 

FALAMOS
Para írmonos achegando xa ao vindeiro Día da Muller, hoxe convidámoste a que nos presentes algunha muller da túa localidade que consideres que debe ser posta en valor.

 

DÍGOCHO EU!
E ti como andas de vogais? Traémosche tres vídeos do Dígocho eu! para que che queden moi clariñas.