Día 10 – IES Sánchez Cantón / Entre donas ás beiras do Lérez
O INSTITUTO No IES Sánchez Cantón de Pontevedra están a traballar no proxecto Entre donas ás beiras do Lérez que ten como obxectivo darnos a coñecer diversas mulleres pontevedresas a través das súas actividades profesionais e tamén da súa relación coa lingua. No vídeo que nos envían podemos ver o que aprederon con algunhas delas. ...
