Día 15 – CPR Maristas A Inmaculada / Solidariedade

O INSTITUTO

Comezamos a terceira semana deste programa co vídeo que fixeron no CPR Maristas A Inmaculada de Lugo; nel amósannos os diferentes proxectos cos que neste centro traballan diversas formas de solidariedade.

Neste 8 de marzo, Día da Muller, recollemos no blog dos 21 Días co Galego e + algúns dos traballos elaborados nos centros participantes co gallo desta conmemoración.

No IES Ramón Cabanillas de Cambados, o alumnado do Ciclo Superior de Vitivinicultura realizou este audiovisual de entrevistas a distintas profesionais relacionadas co cultivo, elaboración e comercialización do viño para achegarse á realidade da muller neste ámbito profesional.

Presentámosvos dous vídeos do IES Xesús Taboada Chivite de Verín. O primeiro, que inclúe linguaxe de signos, presenta os perfís de diferentes mulleres singulares recollidos no libro Pioneiras de Edicións Xerais. No segundo, alumnado de 2º da ESO presenta as súas avoas. Neste centro tamén realizaron o vídeo As nosas mestras en Ítaca,en homenaxe a varias profesoras xubiladas.

 

FALAMOS

Como non podía ser doutra maneira, hoxe queremos que nos fales dunha muller que admires, viva ou morta, coñecida ou anónima, o importante é que mereza o teu recoñecemento.

____________

 

DÍGOCHO EU!

E hoxe o Dígocho eu! tamén pensa en feminino.