Día 16 – IES Xesús Taboada Chivite / Chegando a Ítaca

O INSTITUTO

Hoxe o alumnado do IES Xesús Taboada Chivite fálanos da vellez, un eixo temático ao redor do cal xiran moitas das actividades do centro.

Ao non apareceren moi a miúdo nos libros de texto, nos medios de comunicación ou nos programas documentais, podemos ter a sensación de que practicamente non existen mulleres no mundo da ciencia. Nada máis lonxe da realidade, e para iso podes ver este pequeno vídeo con abundantes exemplos de científicas, biólogas, matemáticas… realizado por alumnado do IES Perdouro de Burela.

Nesta semana do Día da Muller traémosche un Setestrelo do Portal das Palabras titulado Sete palabras de pioneiras para o Día da Muller.

 

FALAMOS

E xa que hoxe se fala da igualdade e do desenvolvemento laboral das mulleres, cóntanos que profesión che gustaría desempeñar no futuro e por que.

____________

 

DÍGOCHO EU!

O Dígocho eu! de hoxe vén moi pronominal.