Día 17 – IES Santa Irene / A Historia do Santa Irene
O INSTITUTO
No IES Santa Irene están de aniversario. O seu alumnado cóntanos a historia deste centro educativo de Vigo.
E xa temos o vídeo oficial do tema Vento nas velas que se converteu na sintonía desta edición do programa 21 Días co Galego e +, unha canción composta e interpretada por Naomi Rey Rey, alumna do IES Ramón Cabanillas de Santiago.
FALAMOS
Hoxe queremos coñecer os centros de ensino nos que estudaches e estudas. Cóntanos se teñen algo que os faga especiais e tamén o que máis che gusta deles.
____________
DÍGOCHO EU!
E hoxe no Dígocho eu! imos aprender a pronunciar o X e as siglas.
E, para non perdermos o costume, unha entrega do máis viral no TikTok do Dígocho eu!
