Rematan os 21 días do 21

Chegamos ao día da clausura do noso programa nos centros de ensino, neste 2021 no que, grazas aos dez centros educativos e ao apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, puido sobrevivir malia a pandemia.

Queremos felicitar as comunidades educativas do IES de Carral (Carral), IES As Mariñas (Betanzos), IES Lamas de Abade (Santiago), CPR Maristas A Inmaculada (Lugo), IES Perdouro (Burela), IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras), IES Xesús Taboada Chivite (Verín), IES Ramón Cabanillas (Cambados), IES Sánchez Cantón (Pontevedra) e IES Santa Irene (Vigo) polo seu valioso traballo na dinamización do galego dentro do programa 21 Días co Galego e +.

Gustaríanos felicitar especialmente os equipos de dinamización da lingua galega e as persoas coordinadoras que, desde o comezo do curso, asumiron  os 21 Días co galego e + como un proxecto propio e puxeron nel ilusións e moitas horas de traballo.

Que a forza do galego vos acompañe!

Etiquetas