Día 3 – A ciencia no século XXI
O CENTRO
O centro protagonista deste terceiro día é o IES David Buján de Cambre onde realizaron un vídeo sobre a ciencia no século XXI. Esperamos que vos resulte interesante e vos guste.
Velaquí tedes unha ducia de ligazóns para quen queira afondar no apaixonante mundo da ciencia en galego.
- Agrupación Astronómica Ío
- Aquelando (episodios na TVG á Carta)
- Calendario científico escolar do CSIC, traducido ao galego pola UDC, que inclúe unha guía didáctica.
- Ceos galegos, proxecto de divulgación e comunicación social. Contidos orixinais de ciencia, de fotografía e de cultura
- Día da Ciencia de Galicia.
- Ecos de xigantes, canle de divulgación en Twitch realizada por unha bioquímica, un físico e un ambientólogo.
- funil.gal, un proxecto que divulga Química en galego dende a USC e que ten unha sección xeral de vídeos moi interesante.
- Gciencia, portal da ciencia galega.
- Igaciencia, Institución Galega da Ciencia, organización sen ánimo de lucro que traballa para a promoción e o desenvolvemento das actividades científicas en Galicia e que defende o emprego da lingua galega no ámbito científico.
- Mar abaixo, páxina do biólogo Xandro García Regueira.
- Museos científicos coruñeses.
- O son das Ideas, canle de YouTube de divulgación científica en galego.
- Sociedade Xuvenil Galega de Química (Twitter)
Tamén podemos atopar conferencias divulgativas de investigadores como Xurxo Mariño, Jorge Mira ou Ángel Carracedo.
DESAFÍOS MATEMÁTICOS
Dende o IES David Buján tamén nos chegan uns desafíos matemáticos en rede que se poden realizar dende calquera centro.
Vexamos que nos din estas dúas alumnas.
Para acceder, preme na imaxe.

