Día 7 – O noso audiovisual

Comezamos a semana co IES Monte Castelo de Burela que traballou sobre o noso audiovisual.

Nos últimos anos asistimos ao desenvolvemento dunha importante nova etapa na historia do cinema galego bautizada coa etiqueta de «Novo Cinema Galego». Se premes na imaxe, accederás ao proxecto Novo Cinema Galego onde atoparás información e tamén producións cinematográficas que se poden ver en aberto.

“Terra de película” é unha serie que nos presenta dunha maneira amena e divertida a historia do audiovisual en Galicia e os lugares onde se rodaron moitos dos nosos filmes e, series. Conta coa participación dos protagonistas, tanto actores como guionistas e directores, para dar a coñecer o traballo e a ilusión de todo o sector.

Outras ligazóns de interese sobre este tema:

Academia Galega do Audiovisual

AVG – O soportal do audiovisual galego

 

DÍGOCHO EU!

E hoxe Esther Estévez tráenos unha de refráns.