Día 8 – Poesía do século XXI

O CENTRO

Este martes o alumnado do IES Lucus Augusti de Lugo achéganos á poesía galega no século XXI. Convidámosvos a gozar dos seus ricos e variados universos poéticos.

Para coñecer o que pasou na literatura galega a partir dos anos 90 do século pasado temos unha xoia documental chamada Vértice de versos. É unha longametraxe documental na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. O documental neste momento xa non se pode ver en aberto pero segue á venda, e ademais, na páxina do proxecto podemos ver de balde tanto videopoemas dos diferentes autores e autoras, como as entrevistas realizadas no seu desenvolvemento.

Deixámosvos o que cremos que é o videopoema galego con máis proxección internacional. “Adondar a lingua” de Celia Parra: unha creación que fala do amor pola lingua e das raíces emocionais que a ela nos unen; do papel da familia como transmisora de apego pola nosa cultura e tradicións. Esta composición levou dous galardóns, un deles de ámbito internacional e foi seleccionada e premiada en numerosos concursos e festivais de videopoesía. Celia Parra interésase pola hibridación da poesía con outros formatos e especialízase en videopoesía

Outras ligazóns de interese sobre poesía:

15 voces da nova poesía galega

Axenda cultura de actos poéticos da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)  – porque a  poesía está viva e podemos gozar dela en directo.

Palabra audiovisual na páxina da AELG

Son de poetas – Antoloxía da poesía galega musicada iniciada no ano 2007 polo profesor Xoán Díaz.

Un paseo dixital pola nova poesía galega by VINTE @vintenapraza

 

DÍGOCHO EU!

E imos aproveitar para lle dar un repasiño con Esther ao poema de Eduardo Pondal que representa a toda a poboación galega a través do himno e por se aínda hai alguén por aí que non o saiba.