Día 10 – Videoxogos
O CENTRO
O Colexio Concepción Arenal de Ourense tráenos un vídeo sobre a que probablemente é a máis popular das formas de lecer entre a mocidade, os videoxogos. Vexamos o que nos teñen que dicir.
MORCEGO
Se che gusta o mundo dos videoxogos, convidámoste a que coñezas a publicación Morcego, a primeira revista dixital de videoxogos en galego.
RECUNCHO GAMER
Presentámosche tamén a Iago, membro destacado da comunidade youtubeira, na que salienta coa súa canle Recuncho Gamer dedicada ao mundo do videoxogo igual que a súa canle de Twitch.
DÍGOCHO EU!
E, como non podía ser doutro xeito, hoxe Esther tamén nos vai falar de xogos. Un, dous, tres…


