Día 14 – Reflexións e enquisas sociolingüísticas

FALAMOS – REFLEXIÓN 2

Xa vas pola metade dos 21 días co galego e +. Parabéns!

Seguro que es das persoas que se está implicando moito na actividade e tes o teu galego en plena vitalidade. Hoxe vas ter a misión de realizar a túa segunda reflexión.

1. Está a ser como ti esperabas?

2. Como vai o teu reto persoal?

3. Podes contarnos algunha anécdota?

4. Xa identificaches as persoas que te axudan a falar máis en galego?

5. Que che parecen os materiais creados polos outros centros participantes?

6. Que che están a parecer as actividades dos 21 Días co Galego e + no teu centro?

7. Pensa un novo reto medible e graduable para ti na segunda parte do programa que agora comeza.

E lembra, todas as linguas suman!

ENQUISAS SOCIOLINGÜÍSTICAS

Como sabedes, cada catro anos debemos elaborar as enquisas sociolingüísticas para o deseño posterior do Proxecto lingüístico de centro (PLC). Imos aproveitar a realización dos 21 Días co Galego e + para a súa realización.

Estas enquisas son anónimas. Para realizalas, no teu centro de ensino daranche un código de forma aleatoria que deberás inserir no teu cuestionario.

Alumnado

Debes seguir as instrucións do teu profesorado. Serán as profesoras e profesores os que che indiquen cando e como vas facer as enquisas.

Ligazón ao cuestionario.

 

Familias

Para cubrir as enquisas só tedes que seguir a ligazón ao cuestionario e inserir o mesmo código que lle facilitan á súa filla ou fillo.

Ligazón ao cuestionario.

 

PAS

Debes seguir as instrucións da persoa coordinadora dos 21 Días co Galego e + no teu centro.

Ligazón ao cuestionario.

 

Profesorado

Debes seguir as instrucións da persoa coordinadora dos 21 Días co Galego e + no teu centro.

Ligazón ao cuestionario.