Día 15 – A muller no século XXI

O CENTRO

O CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco vainos falar hoxe da muller no século XXI e máis concretamente das escritoras de literatura infantil e xuvenil.

 

Dende este centro de Coristanco envíannos tamén o vídeo A LIX Galega en feminino Sete autoras na palestra, no que quen o desexe poderá escoitar directamente sete autoras galegas de literatura infantil e xuvenil falar de si mesmas.

 

DÍGOCHO EU!

Hoxe Esther vainos explicar cales son as denominacións de determinadas mulleres profesionais.