Día 17 – A era do podcast

O CENTRO

Despois do TikTok, imos hoxe descubrir unha comunidade creativa que está a coller moito pulo no panorama cultural. Trátase das creadoras e creadores de podcast, o lugar onde a palabra é a protagonista. O CPI Virxe da Saleta de Cea é o centro que nos presentará este tema.

 

PODGALEGO

Na páxina Podgalego poderás atopar a ligazón ás canles desta rede social na nosa lingua que se anotaron na páxina.

 

Se o que desexas é saber os podcast que se publican ao momento, podes seguir a conta @Podgalego en Twitter.

 

RADIO GALEGA PODCAST

A radio galega tamén conta coa súa propia páxina de podcast onde se ofrecen programas xa emitidos neste formato ao carón doutros que son nativos dixitais e son creados para distribuír directamente deste xeito.

Ligazóns de interese

Galicia confidencialPodcasts en galego: estes son os imprescindibles para entrar ao día no 2021

PrazaUnha ducia de podcast en galego para escoitares esta fin de semana